El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Música, lanoterapia e bailes, na UNED Senior de Lousame

O Concello promove, por terceiro ano, as actividades // Xa contan con corenta e sete inscritos e a matrícula está aberta

Teresa Villaverde, no centro, onte, con Carmen Freire e Fernando Docampo - FOTO: CL
Teresa Villaverde, no centro, onte, con Carmen Freire e Fernando Docampo - FOTO: CL

RUBÉN G. BRIONES. LOUSAME  | 07.10.2017 
A- A+

Música, lanoterapia e bailes terapéuticos centran a oferta do primeiro cuatrimestre da UNED Senior de Lousame. A presentación da programación tivo lugar onte no concello e contou coa presenza da alcaldesa, Teresa Villaverde; a directora de Maisdetres e coordinadora dos distintos cursos, Carmen Freire, e o profesor de música, Fernando Docampo.
A rexedora amosouse moi satisfeita por “contar, por terceiro ano consecutivo, cos cursos da UNED Senior” ao tempo que agarda “que se poida expander ao resto dos municipios da ría
de Muros e Noia”. Neste senso, asegurou que as actividades propostas son “moi interesantes e enriquecedoras e permiten o intercambio de experiencias entre os seus participantes”.
No tocante á oferta formativa para este ano académico 2017/2018, Carmen Freire indicou que se impartirán neste primeiro cuatrimestre tres cursos: Música lousamiá, Lanoterapia e Bailes Terapéuticos. “A matrícula estará aberta ata o día 20 de outubro, polo que todos os interesados poden formalizar a súa inscrición ou solicitar máis información nas oficinas do Concello ou ben poñéndose en contacto comigo a través do teléfono 686 783
800”, explicou.
Na actualidade, a UNED Senior de Lousame conta con 47 matriculados. O prezo é de 50 € por asignatura e cuatrimestre. As clases comezarán o día 16 de outubro e desenvolveranse nas instalacións do local social de Cabanetán.