El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

teo

Na procura do tesouro que agocha o Piquiño

Na parroquia de Luou, no concello de Teo, atópanse xacementos senlleiros da Arte Rupestre Galega// A área leva ameazada pola construción dun parque eólico dende o ano 2012

RAQUEL PÉREZ  | 28.09.2015 
A- A+

O Monte Piquiño de Teo recibe o seu nome dos picos graníticos que agroman nas súas lomas e chairas. Atópase no límite natural dos vales do Ulla e do Sar; situado entre as parroquias de Rarís, Lampai e Luou. A súa riqueza non se pode medir en cifras, permanece agochada entre os toxos e os piñeiros.

Non existen, a día de hoxe, estudos que confirmen a presencia de asentamentos humanos e nesta zona pero, non obstante, as pegadas deixadas polo home na parroquia de Luou remóntanse até o 3.000 AC, época da que se data a impoñente mámoa de de Trasellas, de 35 metros de diámetro. O conxunto máis impresionante destes túmulos na comarca atópase, precisamente, no Piquiño. O monte alberga 33 mámoas e, na contorna, existen rexistradas, ademais, varias estacións de petroglifos, algunhas das cales conservan gravados excepcionais.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt