El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Non hai idade límite para comezar a estudar

A UNED Sénior imparte cursos de Lanoterapia e Música Lousamiá en Toxosoutos // A estas clases acude xente de ata noventa anos // Villaverde considera que as persoas maiores "teñen moito que ensinarnos" // A alcaldesa avoga por conservar, ademais da memoria, o patrimonio

Participantes na inauguración do curso chegados de varios puntos de Galicia  - FOTO: c.s.
Participantes na inauguración do curso chegados de varios puntos de Galicia - FOTO: c.s.

RUBÉN G. BRIONES  | 13.11.2016 
A- A+

O Concello de Lousame puxo en marcha hai un ano a UNED Sénior, que está en Toxosoutos, un enclave histórico. Hai algúns días inaugurouse oficialmente o curso 2016/2017 nun acto que tivo lugar na escola das minas de San Finx. Ó mesmo asistiron, entre outros, o director da UNED A Coruña, Germán Carro Fernández; a alcaldesa de Lousame, Teresa Villaverde Pais; o coordinador da UNED Sénior da Coruña, Luís Rodríguez Patiño; Carme Freire, representante da Asociación Maisdetres e impulsora da Aula de Toxosoutos da UNED Senior de Lousame, e Miguel Somoza, coordinador para Rianxo.

Teresa Villaverde salientou que "hai un ano que se asinou o convenio para poñer en marcha a UNED Sénior de Lousame, que está en Toxosoutos, un enclave natural e histórico excepcional" e amosouse moi satisfeita polos resultados porque "estou convencida de que se aprende dende que se nace ata que se desaparece. E que é necesario compartir ese saber e esas experiencias. Na UNED Sénior os alumnos tamén poden ser mestres porque teñen moito que ensinarnos".

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt