El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

RIANXO

Nova cita coa Residencia de Pensadores en Rianxo

S. S.   | 17.04.2018 
A- A+

O vigués Guillermo Rodríguez Alonso (graduado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago e fundador do Laboratorio Galego de Ecocrítica) será o encargado de inaugurar o vindeiro venres día 20 o novo programa da Residencia de Pensadores (organizada polo Concello e Axóuxere Editora) cun seminario e unha conferencia.

O seminario leva por título Teoría e praxe do posthumano: ontoloxía, ética e política trala crise do humanismo e nel farase un percorrido crítico pola historia do humanismo, desde o Renacemento aos nosos días. "Pesquisarase, coas persoas participantes no seminario, nas posibles formas de vida para alén da idea do ser humano como centro do cosmos", sinalan dende a organización.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt