El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

DUMBRÍA

Obradoiros e actividades nas bibliotecas municipais de Dumbría con +Q Libros

J. M. RAMOS   | 17.04.2018 
A- A+

O Concello de Dumbría, na súa aposta por promocionar, incentivar e dinamizar a cultura, unirá o Día do Libro co Día das Letras Galegas organizando do 21 de abril ata o 19 de maio unhas xornadas de portas abertas nas bibliotecas, que estarán animadas por espectáculos de maxia, títeres e obradoiros de cociña e manualidades.

Baixo o lema +Q Libros, as xornadas comezarán o sábado, día 21 ás 17.30 horas nas instalacións do Conco (Dumbría), co espectáculo de títeres A festa de Barriga Verde. O 28 de abril á mesma hora impartirase un obradoiro infantil de cociña na casa cultural de Buxantes, e o mes de maio comezará cunha xornada de maxia con Apren-Deimi, que inclúe un obradoiro e unha actuación na casa cultural de Berdeogas.

O 12 de maio haberá un obradoiro infantil de manualidades na casa cultural de Olveira, e o día 19 o edificio Bitácora, de O Ézaro, acollerá o espectáculo de títeres Redoblante e Meñique. Ambas as dúas citas comezarán ás 17.30 horas. Máis información na web dumbria.com.