Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Patrimonio avaliará o estado no que se atopa Carboeiro

Un arquitecto e unha restauradora inspeccionaron o mosteiro románico // Preocupan os tellados e as dependencias monacais

    Técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio visitaron o mosteiro románico de San Lourenzo de Carboeiro, respondendo así á petición cursada dende o Concello para realizar un diagnóstico sobre o estado do edificio. Ata este conxunto histórico e patrimonial achegáronse un arquitecto e unha restauradora, que percorreron as instalacións acompañados por personal municipal.

    Logo desta primeira visita, na que se tomaron fotografías e se fixo unha primeira valoración in situ do estado do mosteiro, preocupan entre outros os tellados do templo e das dependencias monacais. Precisamente o estado das cubertas fai que a agua se filtre polo interior do edificio cando se rexistran fortes choivas. Así, nas xornadas pasadas as treboadas fixeron que a choiva se colara ata a cripta do templo.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    17 sep 2015 / 21:22
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito