El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

A película ‘Sicixia’ invita a escoitar os sons da natureza e ás xentes de Costa da Morte

O director Ignacio Vilar estivo onte en Carballo no acto de presentación e estrea en toda España

Alcaldes, edís e o director de Agadic con Vilar e Castiñeira.  - FOTO:  R. B.
Alcaldes, edís e o director de Agadic con Vilar e Castiñeira. - FOTO: R. B.

26.11.2016 
A- A+

Carballo. Carballo acolleu onte a estrea de Sicixia, a nova película do director Ignacio Vilar, quen asegurou onte no acto de presentación que se trata dun filme que servirá para que o público aprenda a “escoitar a natureza e ás xentes da Costa da Morte”. E é que está ambientada de xeito case íntegro en paraxes de concellos destas recunchos atlánticos, e tamén en Sabucedo (A Estrada).
Sicixia foi concebida para promocionar o inigualable patrimonio da Costa da Morte e da Rapa das Bestas de Sabucedo, e está ademais especialmente recomendada para o fomento da igualdade de xénero.
O xoves tivo lugar unha preestrea en Cee, e onte a película xa chegou ás carteleiras de cines de toda Galicia e España, sempre en versión orixinal en galego (subtitulada cando cómpre) porque, segundo Ignacio Vilar o cine galego serve para “poñer en valor o noso e para falar de nós”.
No acto celebrado onte no Fórum Carballo participou tamén un dos protagonistas do filme, Monti Castiñeira, quen tivo verbas para gabar o proceso de rodaxe, sinalando que “foi un pracer percorrer toda a Costa da Morte e coñecela de verdade, en profundidade”. 

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt