El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Piden mellorar bebedoiros e vías agrícolas en Valadares

O BNG de Outes faise eco das queixas da veciñanza e sinala o "abandono" desta zona

Estado do bebedoiro de animais - FOTO: BNG de Outes
Estado do bebedoiro de animais - FOTO: BNG de Outes

AVELINO ARCA. OUTES   | 03.01.2018 
A- A+

O Bloque Nacionalista Gagelego (BNG) de Outes vén de presentar unha solicitude no Concello na que os nacionalistas demandan o arranxo de diversos camiños e bebedoiros de uso agrícola na parroquia de Valadares. Segundo a formación, estas zonas atópanse en total estado de "abandono".

No seu escrito, presentado no rexistro municipal, os portavoces do BNG argumentan que "vimos de recoller as queixas da veciñanza de Valadares e de visitar os espazos públicos para comprobar a actuación do Concello nos mesmos. Constatamos como a veciñanza leva anos reclamando unha mellora en diversos camiños de uso, principalmente, gandeiro polo que adoitan transcorrer tanto os diferentes animais da veciñanza como a maquinaria pesada precisa para explotar o terreo".

Segundo explican os nacionalistas, a situación permanece igual a día de hoxe, e ademais recalcan que "é notábel que o Concello non prestou atención á veciñanza e leva moito tempo sen actuar en ningún dos principais camiños da zona de Valadares, Campolongo e Guimarei".

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt