El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

NOIA

O PP de Noia, de loito polo falecemento de Emilio Roo

Desempeñou durante anos as labores de xerente do partido // Tamén presidiu o colectivo veciñal da Rasa

M. G.   | 16.05.2018 
A- A+

O Partido Popular de Noia lamentou a perda de quen foi o seu xerente durante anos, Emilio Roo Varela, falecido na madrugada de onte, á idade de 69 anos. "Emilio Roo deixa un gran pesar e un oco imposible de encher entre quenes, ata hoxe, fomos algo máis que compañeiros de partido", sinalaron dende a mencionada formación política.

O falecido desenvolveu as labores de xerente do seu partido durante moitos anos, presidiu a Asociación de Veciños da Rasa, organizou durante anos as festas do Carme deste barrio noiés e tamén foi o promotor do belén do Nadal. "Era unha persoa alegre e entrañable cun don especial para empatizar cos seus veciños, entre os que deixa grandes lembranzas e o mellor dos recordos", apuntaron os que foron os seus compañeiros de partido.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt