El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

A praia fluvial de Tapia queda aberta ao baño tras uns análisis positivos

As probas feitas por Sanidade e Espina & Delfín indicaron unha boa calidade da auga

A. PRADA   | 11.07.2018 
A- A+

Onte pola tarde volvía ondear a bandeira verde na praia fluvial de Tapia, despois de que o pasado domingo o Concello colocara a vermella trala aparición de peixes mortos e feridos nas súas augas.

Dende o Concello informaron que as analíticas feitas pola Consellería de Sanidade e a empresa Espina & Delfín indicaron que a calidade da auga é entre boa e excelente, e polo tanto, apta para o baño. O concelleiro de Servizos Básicos de Ames, Blas García, achegouse ata a praia fluvial de Tapia e asegurou que "a turbidez da auga xa é menor" e que non había peixes mortos.

Con todo, Blas García indicou que a pesar de que a praia fluvial quede aberta ao baño, "dende o Concello vamos pedirlles explicacións a Augas de Galicia e á Consellaría de Medio Ambiente para esclarecer o ocorrido no río Tambre dende hai 15 días e que provocou a aparición de peixes mortos e a turbidez da auga". O concelleiro quéixase "da inoperancia de Medio Ambiente e da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, xa que di que o único que fixeron "foi remitir o asunto a Augas de Galicia e pasarse a pelota sen aclarar nada nin dar ningunha solución".