El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Presentan en Noia un plan de fomento do emprego xuvenil

Vázquez sinala que a súa finalidade é facilitar á mocidade máis oportunidades laborais

Cecilia Vázquez, no centro, durante a presentación do programa europeo.  - FOTO: Ana
Cecilia Vázquez, no centro, durante a presentación do programa europeo. - FOTO: Ana

RUBÉN G. BRIONES NOIA  | 22.06.2017 
A- A+

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez Suárez, participou onte en Noia na presentación do proxecto de cooperación internacional Lidera, impulsado pola Xunta con outras entidades galegas e de Portugal co obxectivo de poñer en valor as capacidades laborais e de emprendemento da xente nova que reside na comunidade autónoma e na rexión norte do país veciño. A Unión Europea, a través de fondos para o desenvolvemento rexional, achega o 75% do orzamento desta actuación ao abeiro do programa Interreg V España-Portugal 2014-2020, sendo o investimento total de 1.428.692,93 euros.
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado actúa como actor principal desta proposta na que ten como socios galegos a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela e a Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (Ascega). 

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt