El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Previsto para o vindeiro luns o comezo do curso no conservatorio de Melide

Presta servizo a preto de cen alumnos nun total de quince modalidades distintas

A. P.   | 12.10.2017 
A- A+

Melide. A alcaldesa de Melide, Dalia García, vén de anunciar que o curso no conservatorio municipal de Melide dará comezo previsiblemente o vindeiro luns 16. Será así sempre e cando se teñan rematados os trámites administrativos necesarios nun conservatorio de grao medio e profesional. Dalia García explica que "logo de analizar toda a información xurídica por parte dos departamentos técnicos do Concello de Melide vimos de concluír na necesidade imperante de priorizar a utilidade pública dun ben cultural de Melide, como é o conservatorio, e polo tanto iniciar o expediente de readmisión do persoal para non crear prexuízos ao alumnado".

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt