El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

O proxecto Amessan acolleu este ano a cincocentas persoas

O programa de envellecemento activo vén de celebrar unha festa no Pazo da Peregrina

Momento dunha das interpretacións das pandereteiras durante a festa do Amessan - FOTO: C. Ames
Momento dunha das interpretacións das pandereteiras durante a festa do Amessan - FOTO: C. Ames

CLAUDINA ESTÉVEZ  | 10.07.2018 
A- A+

Esta fin de semana concluía o curso 2017- 2018 do programa de envellecemento activo Amessan. Trátase dun proxecto que trata de prestar atención ás persoas maiores de 60 anos e a aquelas que teñen algún tipo de discapacidade.

Este ano as distintas actividades foron impartidas nos locais sociais de Agrón, Ameixenda, Augapesada, Bugallido, Covas, Cruxeiras, Piñeiro, Tarroeira, Trasmonte e nos centros socioculturais de Bertamiráns e do Milladoiro. Milladoiro. Este curso, comonovidade, impartiuse unha actividade de música tradicional na parroquia de Lens. Ademais tamén se organizou un un ciclo de cinco charlas dirixidas a persoas maiores de 60 anos. Cada unha destas conferencias abordou un tema diferente: alimentación saudable; prevención de demencias; sexualidade na idade adulta; prevención de estafas; e roubos ou recursos para persoas que viven soas.

Para pechar o curso 2017-2018, esta fin de semana o Concello de Ames facía unha festa no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, na que houbo música, con actuacións como a das propias pandereteiras do programa e da discoteca móbil Eme Music. Ademais, tamén se puido ver unha exposición sobre os traballos realizados durante o ano polo grupo de manualidades de Cruxeiras, Trasmonte e Agrón. Esta mostra poderá visitarse no segundo andar do edificio do Pazo da Peregrina ata o vindeir xoves, 12 de xullo.

A concelleira de Participación e Atención Veciñal de Ames, Isabel González, destacou a implicación e participación da veciñanza de Ames no programa Amessan. "Un ano máis rematamos o curso de Amessan cunha festa no Pazo da Peregrina, na que que se puido ver a exposición dos grupos de manualidades e escoitar a música dos grupos de pandereiteiras", indicou. Ademais queixo darlle as gracias a "todas e todos que vos achegastes e gracias a todas ás persoas que formastes parte de Amessan o longo de todo o ano.".

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt