El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

PSOE Melide demanda máis solo industrial na comarca

Denuncian unha mala xestión do parque empresarial por parte do goberno local

A.P. MELIDE  | 14.11.2017 
A- A+

Os socialistas de Melide denuncian unha xestión e mantemento do parque empresarial "moi deficiente". Segundo indican dende o partido esto tradúcese nunha calidade de internet moi inferior á do casco urbano, unha limpeza insuficiente e un alumeado público inexistente tanto nas rúas de acceso como nas interiores.

"Isto implica non só unha dificultade no uso das instalacións, senón un potencial perigo na seguridade do parque, que carece dun sistema de seguridade concreto. Ademais deste deficiente funcionamento non ten un dos principais servizos que é o sistema de depuración", di o portavoz socialista, Jose A. Prado.


Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt