El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

O PSOE de Ribeira critica a situación do Mercado

Instan ao alcalde do municipio a resolver os problemas de filtracións de auga // Aumentan as queixas dos asociados

Un dos vestiarios do mercado afectados polas fltracións de auga.  - FOTO: PSOE
Un dos vestiarios do mercado afectados polas fltracións de auga. - FOTO: PSOE

CLAUDINA ESTÉVEZ RIBEIRA   | 16.04.2018 
A- A+

Hai dous anos que o Mercado Municipal de Ribeira que se coñece hoxe comezaba a funcionar. O anterior, en moi mal estado, era substituído por un novo edificio de 3.200 metros cadrados de superficie, unha altura de 16,5 metros, catro plantas e unha terraza destinadas enteiramente á alimentación, á gastronomía e á hostalaría. Por fin os praceiros tiñan un espazo moderno e perfectamente acondicionado para facer as súas vendas.

Non obstante, o pasado 27 de novembro o Mercado víase afectado por filtracións de auga. Agora, dende o PSOE de Ribeira denuncian que as reparacións efectuadas polo Concello non foron suficientes pois "siguen activas as filtracións de auga, como evidencian os barreños colocados no lugar para recoller o líquido". Por todo isto, os socialistas de Ribeira sentencian que o recinto "continúa sen reunir as condicións adecuadas para os seus usuarios". Unha situación que afirman, está a xenerar gran preocupación e queixas entre os adxudicatarios dos postos establecidos no Mercado".

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt