El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

A POBRA

Radio Bulebule encherá de diversión o Teatro Elma

S. S.   | 17.04.2018 
A- A+

O Teatro Elma de A Pobra acollerá o vindeiro sábado día 21 ás 18.00 horas o espectáculo Radio Bulebule, baseado no libro-Cd-Dvd do mesmo título, de Kalandraka Editora, no que se combinan cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos. Paco Nogueiras convida ós asistentes a vivir a radio en directo nun divertidísimo programa cheo de humor, baile e cancións. "Temos de todo: deportes, servizos informativos, o tempo, axenda cultural. A mellor guía para descubrir as últimas tendencias e mesmo para crear xuntos un gran éxito vogal", sinala o protagonista de dito espectáculo, organizado pola concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración co Programa do AGADIC Cultura no Camiño da Xunta de Galicia. A entrada é de balde.