Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
BARBANZA

Realizan un documental sobre o naufraxio do 'Santa Isabel'

O buque embarrancou nos baixos de Sálvora fixo este sábado 95 anos perdendo a vida 213 persoas // A reportaxe, que mestura lenda e historia, foi filmada por un grupo de alumnos da Facultade de Comunicación da USC.

    Onte cumprirónse 95 anos do naufraxio do vapor-correo Santa Isabel, que embarrancou nos baixos de Sálvora ocasionando a morte de 213 persoas, delas 64 nenos.

    O aniversario quixo ser aproveitado por un grupo de alumnos da Facultade de Comunicación da Universidade de Santiago para a realización dun documental titulado A lenda do Santa Isabel. O guión da reportaxe mestura lenda e historia e así unen a tradición de Mariña e a historia do naufraxio do buque. Os autores do documental fan a conexión co naufraxio do Santa Isabel onde faleceron boa parte da pasaxe e da tripulación e do que únicamente se salvaron 53 persoas.

    O filme recolle a lenda como simbolismo da cantidade de xente que morre no mar e o pesar que causa nunha comunidade que vive del como é a destas costas. De feito, a reportaxe remata coa seguinte pregunta retórica: Cal é a familia desta comarca que non ten mortos no mar?.

    Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

    02 ene 2016 / 20:34
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito