El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

MALPICA

Reparan todos os danos provocados polos temporais no porto de Malpica

As obras precisaron dunha inversión de 15.000 €, segundo José Juan Durán

J. M. R.   | 16.05.2018 
A- A+

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de rematar os traballos de reparación dos danos ocasionados polos temporais do último inverno no porto pesqueiro de Malpica de Bergantiños.

O presidente de Portos, José Juan Durán, visitou onte a vila e comprobou as actuacións executadas, na compaña do alcalde, Eduardo Parga; do concelleiro de Obras, Miguel Fernández, e do patrón mayor da confraría de pescadores de Malpica, Pedro Pérez, entre outros.

Durán sinalou que a sucesión de temporais do último inverno provocou numerosos danos, aínda que de menor envergadura, no porto malpicán. As reparacións centráronse no arranxo da comporta que presentaba unha fenda debido a un golpe de mar, e na reposición das deficiencias que presentaba o pavimiento do porto. Concretamente rexistráronse unha trintena de lousas danadas, as cales forons substituídas e arranxáronse as beirarrúas e zonas de adoquinado.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt