El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Rianxo acolle a preestrea da obra sobre Elisa e Marcela

Narra a historia de dúas mulleres que en 1901 protagonizaron en Galicia a primeira voda homosexual // Será mañá ás 21.00 horas

Areta Bolado e Ailén Kéndelman, caracterizadas como Elisa e Marcela - FOTO: Panadaría Teatro
Areta Bolado e Ailén Kéndelman, caracterizadas como Elisa e Marcela - FOTO: Panadaría Teatro

SUSO SOUTO. RIANXO  | 04.10.2017 
A- A+

Da Residencia Teatral de Rianxo (unha iniciativa pola que o Concello puxo o auditorio a disposición das compañías de teatro para preparar as súas producións) acaba de saír un novo espectáculo: a obra Elisa e Marcela, de A Panadaría Teatro, que se convirte na primeira en levar a escea a historia de dúas mulleres que en 1901 protagonizaron en Galicia a primeira voda homosexual de España. Mañá é a preestrea ás 21.00 horas no auditorio.

A dramaturxia leva tamén selo rianxeiro, pois correu a cargo de Esther Carrodeguas. A obra está dirixida por Gena Vaamonde e protagonizada por Ailén Kendelman, Noelia Castro e Areta Bolado, que dan vida a máis dunha vintena de persoaxes.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt