El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Rianxo acolle un concerto de música electrónica

RIANXO  | 13.10.2017 
A- A+

O intérprete rianxeiro Antón Alcalde ofrecerá hoxe ás 21.00 horas no auditorio local un concerto de música electrónica, no marco do Ciclo de Novos Intérpretes que se celebra dende abril e que rematará en decembro. A entrada é de balde.

Antón Alcalde estudou con compositores de ámbito internacional, gañadores dos premios Óscar e Globos de Ouro, como Michael Giacchino (Jurassic World e o Amencer do Planeta dos Simios); Patrick Doyle (Thor, Frankenstein e Harry Potter IV); Hans Zimmer (Gladiator); Wataru Hokoyama (Afrika) e Conrado Xalabarder (The Music Script in Film). Actualmente cursa a licenciatura en composición e electroacústica na Esmae de Porto.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt