El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Rianxo rexistrará documentos para calquer órgano do Estado

Incorpórase ó Sistema de Interconexión de Rexistros // Tamén se poderán enviar a este Concello dende outras administracións

Funcionarios municipais no Rexistro do Concello de Rianxo, que se incorpora ó Sistema de Interconexión.  - FOTO: suso souto
Funcionarios municipais no Rexistro do Concello de Rianxo, que se incorpora ó Sistema de Interconexión. - FOTO: suso souto

SUSO SOUTO  | 09.02.2017 
A- A+

O Concello de Rianxo, xunto con outros seis concellos da provincia, será pioneiro na conexión dunha entidade local ao Sistema de Interconexión de Rexistros (SIR), que permitirá conectar todos os rexistros das oficinas da Administración do Estado, dentro dunha iniciativa do equipo de implantación da administración electrónica da Deputación da Coruña.
Na práctica, isto significa que, a partir de agora, calquera persoa poderá presentar documentación no Rexistro Xeral do Concello de Rianxo dirixida a calquera outra administración do Estado integrada no SIR, tanto da administración central como das comunidades autónomas e as entidades locais.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt