El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Rianxo vestirase de negro para concienciar contra a violencia de xénero

M. G. RIANXO  | 14.11.2017 
A- A+

A vila de Rianxo participa na campaña Rianxo en Negro, xunto a máis de cincuenta concellos galegos e as deputacións, unha acción que pretende incidir de xeito eficaz na sociedade para mostrar o rexeitamento cara a violencia contra as mulleres, e que terá como imaxe externa vestir de loito a localidade, entre o 23 e o 26 de novembro, a través das casas, das institucións e dos establecementos comerciais, segundo explica o goberno municipal.

O principal obxectivo desta campaña é establecer redes de colaboración entre axentes sociais e económicos do municipio ao redor da repulsa de calquera acción violenta por razón de xénero.


Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt