El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Ribeira acolleu a presentación de ‘Elas’, adicado a 410 galegas

A luxosa publicación de Aurora Marco pesa catro kilos e custa 1.866 euros // Só se editaron 155 e xa se venderon 80// Recolle historias como a de Cristina Rodríguez, que en 1610 rematou de construir a ponte que conecta Noia e Outes

Mª Xesús Díaz, esquerda, Irene Silva, Calviño, Aurora Marco, Ruiz, Chelo Rodríguez e Fabiola García.  - FOTO: S. Souto
Mª Xesús Díaz, esquerda, Irene Silva, Calviño, Aurora Marco, Ruiz, Chelo Rodríguez e Fabiola García. - FOTO: S. Souto

SUSO SOUTO  | 06.11.2016 
A- A+

O centro cultural Lustres Rivas de Ribeira encheuse o venres na presentación do libro Elas, no que Aurora Marco (catedrática de Lingua e Literatura Galega na USC) recompilou as biografías de 410 galegas de diferentes ámbitos de ocupación desde as orixes até 1975, ano de cambios políticos e punto de partida da revisión da situación e dereitos das mulleres.
Trátase dunha edición de luxo na que participan tamén oito artistas galegas con 16 serigrafías realizadas, como a propia obra, como unha magna homenaxe á muller galega ó longo da historia: Chelo Rodríguez, Ehlaba Carballo, Irene Silva Xiráldez, Mª Manuela, Mª Xesús Díaz, Novais, Sabela Arias Castro e Vanessa Lodeiro. Todas elas son tamén as autoras dos 38 cadros que forman a exposición que acompañou a presentación do libro e que poderá visitarse até o día 26 deste mes.
O libro, editado por A Xanela Editorial, é froito do labor de investigación iniciado na década dos 80. Editáronse só 155 unidades. Esta peza de coleccionista preséntase nunha luxosa encadernación; mide 35 por 25 centímetros, pesa uns catro quilos e custa 1.866 euros (existe a posibilidade de adquirila en cotas de 30 euros). Xa se venderon oitenta.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt