El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

O rural de Mazaricos pide paso na Semana Gandeira

A Picota acollerá o 2 e 3 de decembro unhas xornadas técnicas do sector lácteo, unha poxa de xovencas e exposicións de maquinaria // Actividades escolares, concursos, sorteos e visitas a explotacións complementan a cita

Juan José Blanco, esda., Janet Martínez, José Moreira e Óscar Blanco, onte en Mazaricos.  - FOTO: J. M. R.
Juan José Blanco, esda., Janet Martínez, José Moreira e Óscar Blanco, onte en Mazaricos. - FOTO: J. M. R.

J. M. RAMOS  | 11.11.2017 
A- A+

Unha granxa ultratecnoloxizada do lugar de Pazos foi o marco elexido polo Concello de Mazaricos para presentar a Semana Gandeira 2017, unha cita que pretende poñer en valor o labor dos gandeiros mazaricanos, que acollen nas súas explotacións 21.000 cabezas de gando vacún, cifra que fala por sí soa da importancia do sector na economía local e da súa contorna.

Do 27 de novembro ao 3 de decembro, todo o tecido social e asociativo do Concello colaborará no desenvolvemento da Semana Gandeira (www.semanagandeirademazaricos.gal), que inclúe as xa tradicionais xornadas técnicas do sector lácteo (sábado, 2 de decembro); a poxa xovencas (domingo 3 de decembro) e unha exposición de maquinaria agrícola, gandeira e de servizos. Haberá tamén actividades escolares e visitas a explotacións gandeiras, concursos de fotografía, postres lácteos e relatos curtos, ademais de cursos e exhibicións de cociña.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt