El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

SILLEDA

Silleda consulta á veciñanza a reforma da praza Juan Salgueiro

ARCA   | 16.05.2018 
A- A+

O Concello de Silleda vén de abrir unha consulta popular entre a veciñanza para a remodelación da praza Juan Salgueiro, antiga praza da Feira Vella. Con esta iniciativa os veciños e veciñas de Silleda poderán formular as súas propostas para reformar este emprazamento público da vila e dar a súa opinión.

Os formularios on line poderan descargarse a través da paxina web, redes sociais ou códigos QR que se difunden desde o luns. Tamén se poderan obter os formularios en papel na casa da cultura, casa da xuventude e casa do Concello. Neste cuestionario, aberto ata o vindeiro 31 deste mes, formúlanse preguntas sobre os espazos ou elemenso que os veciños queren na praza,