El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Solicitan regular os procesos selectivos do persoal municipal

O BNG de Vedra e Veciñ@s de Boqueixón piden que se graven as probas orais para un acceso xusto

Membros dos dous grupos municipais na entrega en rexistro da moción.  - FOTO: V.
Membros dos dous grupos municipais na entrega en rexistro da moción. - FOTO: V.

MAR TOLEDO SANTIAGO  | 28.05.2016 
A- A+

Os grupos municipais do BNG-Asambleas Abertas e Veciñ@s de Boqueixón –ambos na oposición– presentaron unha moción co fin de que se regulen os procedementos de selección de persoal dos dous concellos, “de xeito de que se garanta a obxectividade de todo o procedemento”, indican os portavoces.
Para isto propoñen un sistema de gravación audiovisual da fase da entrevista que “garanta o dereito de acceso xusto aos postos de persoal laboral, dotando ao concello dunha estrutura de transparencia que ata o de agora non existe”, sinalaron. Ante estas peticións, os dous grupos encargaron un informe xurídico sobre a creación dun rexistro de gravacións de probas orais de selección de persoal emitido por unha avogada especializada en dereito de protección de datos e novas tecnoloxías, “no que avala xurídicamente cada unha das medidas que se solicitan en ambas mocións”.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt