El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

O tributo galego-cubano a Chané chega hoxe a Melide

O pianista Alejandro Vargas e a cantante Rosa Cedrón son os protagonistas // Será ás 19.00 horas na casa da cultura

Rosa Cendrón, 1.ª esqda., A. Vargas, 2.º, e Goretti na presentación do CD.  - FOTO: D. A Coruña
Rosa Cendrón, 1.ª esqda., A. Vargas, 2.º, e Goretti na presentación do CD. - FOTO: D. A Coruña

ALBA PRADA  | 11.11.2017 
A- A+

Este ano cúmprese un século do pasamento de Chané, un dos compositores máis populares da historia da música galega en clave jazz. Para homenaxear ao artista, a finais de outubro saía á luz o disco Chané na Habana, producido por Central Folque e a Deputación da Coruña e capitaneado por Alejandro Vargas e a cantante Rosa Cedrón.

Este traballo recolle a totalidade da obra que se conserva do compositor, polo que da a oportunidade de gozar en vivo do seu legado. Tras pasar por Rianxo, Chané na Habana poderá desfrutarse hoxe no Concello de Melide, ás 19.00 horas, na casa da cultura.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt