El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Un cento de persoas participanxa no programa Bule Melide

Esta iniciativa está dirixida ás que padecen enfermidades crónicas // Realízanse exercicios adaptados a cada necesidade e impártense charlas informativas // A actividade ten lugar durante tres días a semana durante todo o ano

Un grupo de participantes de Bule Melide facendo un dos exercicios , coordinados pola monitora
Lucía, o ano pasado no telecentro do que dispón a Cooperativa Melisanto - FOTO: C.Melide
Un grupo de participantes de Bule Melide facendo un dos exercicios , coordinados pola monitora Lucía, o ano pasado no telecentro do que dispón a Cooperativa Melisanto - FOTO: C.Melide

ALBA PRADA  | 13.02.2018 
A- A+

Hai sete anos o Concello de Melide decidía pór en marcha o programa Alcer Melide. Era a asociación Alcer, que loita contra as enfermidades do riñón, a que propuña sacar adiante este programa co obxectivo de que os veciños do municipio que sufrisen doenzas crónicas, puideran facer exercicios para minimizar os seus problemas de saúde. E non só era Melide o municipio que se adhería a este programa de ximnasia terapéutica, senón que eran varios os concellos que acollían a actividade de Alcer.

Este ano a asociación decidía deixar o programa pero o Concello de Melide, tendo en conta a gran demanda, asumía todos os gastos para mantelo e así pasou a chamarse Bule Melide. "Cremos que é unha actividade moi necesaria, porque unha cousa son os cursos de pintura ou baile, e outra son este tipo de iniciativas que son saúde e calidade de vida", explicou a concelleira de Igualdade e Benestar de Melide, María Jesús López. De feito, segundo dixo, trátase da actividade do seu departamento con maior participación dende un principio. "O primeiro ano fixemos un grupo pero quedaban en lista de agarda máis de cincuenta persoas e decidimos facer tres".

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt