El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Un proxecto porá en valor a xestión dos cabalos bravos de Sabucedo

A innovadora iniciativa a desenvolven a Universidade da Coruña, Rapa das Bestas e o centro de Mabegondo

S. E. A ESTRADA  | 13.01.2018 
A- A+

A Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo, a Universidade da Coruña, o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo e a empresa 3EDATA desenvolverán, nos próximos dous anos, un proxecto innovador para mellorar a xestión dos cabalos bravos do monte. O proxecto vertébrase en accións de carácter tecnolóxico e de divulgación, según explican desde A Rapa.

En canto as primeiras accións, buscan facilitar o manexo, minimizar problemas e adquirir coñecemento práctico sobre o uso dos cabalos como ferramenta de xestión forestal. As segundas, según explican, está orientadas a mellorar a visión que a sociedade ten desta actividade.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt