El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

A UNED Senior clausura no Son os tres cursos do primeiro cuadrimestre

Conservas artesanais, música tradicional e lanoterapia centraron as distintas disciplinas

M. G.   | 13.03.2018 
A- A+

Porto do Son. A casa de cultura de Porto do Son acollerá mañá, mércores, a partir das 12.30 horas, o acto de clausura do primeiro cuadrimestre dos cursos que a UNED Senior imparte na localidade.

Á cerimonia asistirán o director da UNED na Coruña, a coordinadora de extensión Universitaria da UNED e o coordinador UNED Senior. Tamén están convidados á clausura todos os concellos de Galicia que participan neste programa educativo adicado aos maiores.

Música tradicional, lanoterapia e fabricación de conservas artesanais centraron a oferta do primeiro cuadrimestre da UNED Senior de O Son. Na presentación, a tenente de alcalde, María Maneiro, mostrábase moi satisfeita por contar, por primeira vez, cos cursos da UNED Senior uníndose así a outros concellos da comarca como Lousame e Rianxo. Así mesmo, sinalou que as actividades propostas están pensadas para maiores de 52 anos, aínda que O Son admite a veciños de máis de 18 anos.