El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Unha empresa de Boiro tumba unha rede de fraude na xestión de aceites

Hai 2 detidos tras a denuncia da única planta do Barbanza //Roubaban bidóns e suplantaban a persoal autorizado // Vendíanos para facer biodiésel en Portugal

Un empregado da empresa autorizada Acción Medioambiental, onte en Ribeira recollendo aceites usados - FOTO: Suso Souto
Un empregado da empresa autorizada Acción Medioambiental, onte en Ribeira recollendo aceites usados - FOTO: Suso Souto

SUSO SOUTO. BOIRO   | 17.05.2018 
A- A+

A Garda Civil de Boiro detivo a dúas persoas (unha de Pontevedra e outra da Coruña) e investiga a unha terceira, de Sevilla, relacionadas con dúas empresas fraudulentas de reciclaxe e valorización de aceites usados procedentes do sector hostaleiro. Os tres están acusados de presuntos delitos contra a propiedade: un de furto continuado, outro de estafa e un terceiro de receptación de efectos subtraídos, así como outro de falsidade documental.

A operación, bautizada como Aseiteiro, iniciouse pola denuncia dunha empresa de Barbanza autorizada para a xestión de aceites usados, pola subtracción duns bidóns de aceite, derivando na investigación dun complexo entramado empresarial que ocultaba supostas irregularidades e prácticas ilícitas na xestión do aceite vexetal usado. En base ás denuncias de outros empresarios do sector das provincias da Coruña e Ourense, calcúlase que os autores chegaron a facerse con 11 toneladas de aceites e outras graxas vexetais e 240 bidóns, cun valor estimado de 6.500 €.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt