Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Varilongo, a memoria do ouro negro que marcou a un pobo

A xalleira Carmen Blanco edita a primeira monografía sociopolítica sobre o volframio das minas de Santa Comba // Fala sobre a importancia que tivo na Segunda Guerra Mundial e as intrigas políticas // É froito de tres anos de investigación

A primeira vez que Carmen Blanco Ramos oiu falar do volframio e das minas de Santa Comba foi no ano 1996. Residía en Madrid e foi nunhas conversas con Raimundo García, Borobó, a propósito do faladoiro do Grupo Bilbao. A ela, unha rapariga que aínda que nacera en Santa Comba emigrara moi nena para Madrid, aquela mina éralle totalmente descoñecida. Tamén soubo destas canteiras de tungsteno xalleiras da man do cineasta e escritor cubano, profesor na Escola de Letras de Madrid, Jesús Díaz, quen lle relatara "as anécdotas coñecidas na Habana de Pepe Xan Baña", un poeta tamén natural de Santa Comba e que "naceu na única casa de Varilongo", di a escritora.

Poucas máis referencias tería Carmen Blanco a propósito da actividade de extracción do tan preciado mineral no municipio xalleiro en torno ao que se forxaron lendas, intrigas políticas ao máis alto nivel, moeda de cambio do goberno español para cos aliados ou para coa Alemania de Hitler; de despertar dun pobo e de sustento de centos de familias da contorna que ben traballaron na mina, ben no estraperlo, e que viron no volframio ese ouro negro da esperanza.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt

14 abr 2016 / 09:28
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito