El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Os veciños de Ames coñecen a obra do vial de Oca á igrexa

A.P.   | 07.10.2017 
A- A+

AMES O alcalde de Ames e o concelleiro de Urbanismo achegáronse onte ata a aldea de Oca para falar cos veciños sobre as futuras obras a levar a cabo. E é que nos vindeiros días van comezar os traballos de mellora do camiño que vai de Oca á igrexa parroquial . Este proxecto foi adxudicado en Xunta de Goberno Local á empresa Nexia Infraestruturas SLU por un importe de 73.822 euros.