El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Os veciños de Tordoia estiveron de excursión por Asturias

A. P.   | 12.10.2017 
A- A+

TORDOIA Durante tres días 55 veciños de Tordoia estiveron por terras asturianas grazas a unha viaxe que organizou o Concello. O primeiro día visitaron Cudillero e Avilés e remataron a xornada en Cangas de Onís. A excursión continuou ao día seguinte na capital do Principado e alí coñeceron o monte Naranco e o casco antigo. O derradeiro día recorreron diferentes rúas por Avilés e o novedoso Centro Niemeyer.