El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Vedra ofrece este mes aulas gratuitas de educación canina

Están impartidas pola experta María Sabell, en colaboración co Club de Cans de Familia Só lles Falta Falar // Aínda quedan dúas os xoves 15 e 22 // Adestran sempre en positivo, a partir do sistema cognitivo emocional

Primeira das aulas, impartida o pasado 31 de maio - FOTO: C.V.
Primeira das aulas, impartida o pasado 31 de maio - FOTO: C.V.

ALBA PRADA   | 11.06.2018 
A- A+

O Club de Cans de Familia Só lles Falta Falar é unha asociación sen ánimo de lucro conformada por 200 familias que queren fomentar a atención responsable dos cans. Dita asociación conta cunha especialista en conduta animal, María Sabell, para realizar charlas e aulas de educación canina. É o caso das que se están a impartir no Concello de Vedra nas últimas semanas. No marco da campaña sobre protección de animais e tenza responsable, os pasados 23 e 24 de maio o Concello organizou na biblioteca municipal de Vedra dúas charlas relativas á nova Lei de protección e benestar dos animais domésticos. A primeira delas estivo dirixida ao colectivo de cazadores e a segunda á poboación interesada en xeral. A campaña continuou o pasado xoves día 31 no campo da festa de Illobre, coa primeira sesión das aulas de educación canina que impartiu a experta María Sabell, en colaboración co club Só lles falta falar e coa avogada do mesmo. A segunda sesión das aulas tivo lugar o xoves 7 de xuño e agora quedan aínda dúas máis os xoves 14 e 21.

María Sabell está moi satisfeita co éxito que está a ter a iniciativa, xa que se cubriron "as dez prazas que se ofertaron". Estas aulas de educación canina están dirixidas a familias e a mecánica é "dar resposta ás distintas preguntas de todos. En vez de responder de forma individual, facémolo de maneira xeral".

 

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt