El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Vedra participa nun proxecto cuxo obxectivo é que os mozos emprendan

Leva por nome YouthNest.crea e promóvese dentro do marco Erasmus+

A.PRADA. VEDRA  | 15.11.2017 
A- A+

YouthNest.crea é un proxecto dirixido aos mozos que ten como finalidade fomentar a cultura emprendedora e o autoemprego entre os máis novos e brindar oportunidades para o emprendemento creativo no rural europeo.
A iniciativa promóvese no marco do programa Erasmus+ 2014-2020. Consiste na creación dunha rede de traballo transnacional integrada por profesionais de seis entidades de diferentes países da UE (Concello de Vedra, líder do proxecto, Galicia; Stichting Business Development Friesland, Países Baixos; Comune di Capannori, Italia; Newry and Mourne Co-Operative Ltd, Reino Unido; Obec Zemplinske Hamre, Eslovaquia; e Associação Juvenil de Deão, Portugal).


Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt