El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Vedra revive a cultura dos furanchos co Pasabodeghas

O evento, que vai pola oitava edición, será a fin de semana dos días 28 e 29 deste mes // Para acceder ao recinto hai que mercar o pack, que custa dez euros // Haberá concertos, ruta gaiteira e tamén actividades para os cativos

Centos de persoas agrúpanse baixo unha carpa na edición do Pasabodeghas do ano pasado - FOTO: C.V.
Centos de persoas agrúpanse baixo unha carpa na edición do Pasabodeghas do ano pasado - FOTO: C.V.

VEDRA. ALBA PRADA  | 13.10.2017 
A- A+

Un ano máis, a Asociación Cultural San Campio de San Miguel de Sarandón, en Vedra, organiza para a fin de semana do 28 e 29 deste mes o seu Espazo Activo da Ulla. Trátase dun programa de actividades no que a principal aposta é o Pasabodeghas, unha ruta gaiteira por sete adegas que recupera a cultura galega dos furanchos. Tamén denominados loureiros, son casas particulares con zonas habilitadas para que os visitantes poidan degustar o viño e dar así saída ao sobrante para que non se perda.

Vedra, grazas á súa situación xeográfica e a estas adegas, é o mellor lugar para coñecer a cultura dos furanchos e desfrutar dela durante dúas xornadas nas que o viño, a comida elaborada con produtos propios da zona e a música autóctona serán os convidados estrela.

Para participar neste evento e accedar ás adegas hai que mercar o pack Pasabodeghas. Ten un custe de dez euros e inclúe un xerro de barro, degustación de viño e tapas nas sete adegas participantes para desfrutar dos concertos e espectáculos. Os packs poranse á venda previamente en bares da zona e os grupos de amigos que queiran facer reserva deberana realizar a través do Facebook espazoactivodaulla/pasabodeghas e recoller os packs tres días antes do evento.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt