El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Veracruz e Ordes avanzan nos vínculos comerciais

A reunión tivo como obxectivo principal establecer sinerxias entre os municipios

O alcalde de Ordes posa para a fotografía cos membros do Consello Regulador Empresarial de Veracruz. - FOTO: C.O.
O alcalde de Ordes posa para a fotografía cos membros do Consello Regulador Empresarial de Veracruz. - FOTO: C.O.

ALBA PRADA. ORDES   | 08.10.2017 
A- A+

José Luis Martínez Sanjurjo, alcalde de Ordes, mantivo unha xuntanza con importantes empresarios e representantes do sector comercial e industrial da área de Veracruz (México). Dito encontro celebrado co Consello Coordinador Empresarial, englóbase dentro da axenda de traballo prevista para o rexedor e os edís de Comercio e Medio Ambiente, José Manuel Rodríguez e Ana Soneira respectivamente.

Tamén estiveron na reunión Xesús Pedreira, da agrupación socialista de Ordes, así como Ángel Maldonado, rexedor terceiro do municipio de Veracruz. Outros nomes propios foron os de Sandra Isabel Vázquez, presidenta da Asociación Mexicana de Mulleres Empresarias; José Manuel Urreta, presidente do Consejo Coordinador Empresarial de Veracruz-Boca del Río; Juan José Sierra Álvarez, presidente de Coparmex, ademais de Santiago García Mirás, director adxunto do Grupo Ramón García, que posúe sede en México (Toluca).

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt