El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

VIMIANZO

Os visitantes do castelo poden facer tapices nos teares de Amigos do Liño

O Concello vimiancés celebra o dinamismo e as novas propostas do colectivo artesán

Marta Rey, esda., e Carmen Riveiro, no castelo - FOTO: C.V.
Marta Rey, esda., e Carmen Riveiro, no castelo - FOTO: C.V.

J. M. R.   | 16.05.2018 
A- A+

A Asociación de Amigos do Liño, que preside Carmen Riveiro, puxo a disposición dos visitantes do castelo de Vimianzo tres teares para que os interesados poidan achegarse de preto ao arte de tecer e facer os seus propios tapices.

Tratase de teares de alto lizo, que foron colocados atendendo as distintas alturas de adultos e menores para que toda a familia poida desfrutar dun novo entretemento na fortaleza da capital de Soneira, ao tempo que experimentan coas técnicas de fabricación dos tapices. "É moi sinxelo e só se require un pouco de creatividade", asegura Carmen Riveiro.

Aunque en Google pódense atopar fácilmente as técnicas para elaborar un tapiz, no castelo de Vimianzo os visitantes encontrarán ademais co apoio das artesáns do colectivo Amigos do Liño.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt