El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Voltan as feiras de abril a Dubra

Centos de persoas degustaron cachena e empanada // Éxito da charla ecolóxica // Homologación do roteiro

Comensais na degustación celebrada onte no campo da feira de Bembibre. Á dereita, preparación das racións da Festa da Empanada.  - FOTO:  M.M.
Comensais na degustación celebrada onte no campo da feira de Bembibre. Á dereita, preparación das racións da Festa da Empanada. - FOTO: M.M.

M. MANTEIGA  | 05.04.2016 
A- A+

Como dende hai centos de anos, Val do Dubra, antigo Concello de Buxán, volcouse coas súas Feiras de abril, un evento de primavera moi relacionado coa tradicional feira de Bembibre. E, entre o domingo e o luns, foron varios centos os veciños e visitantes que se achegaron ata a capital para degustar carne de vaca cachena e, na despedida de onte, para participar na Festa da Empanada, todo a base de productos locais, segundo precisaba o rexedor, Antonio Negreira. Ademáis, o Concello quere homologar o roteiro que abría o sábado as celebracións, e que por culpa da chuvia, contou so cunha trintena de camiñantes.

Así, e despois do percorrido entre Bembibre, a capela de San Xoán, a fervenza da Insua e Gontar, con volta ao mesmo punto, o domingo chegaba a charla sobre agroecoloxía, a cargo de Lidia Senra e Antón Sánchez, unha ponencia, ademais, “que ten aplicación en Dubra, onde estamos a potenciar os grelos de Arabexo, a galiña de Mos o porco celta ou a cachena, e que serve para asentar poboación”, aportaban fontes municipais, que cuantifican nunhas duascentas persoas os asistentes, incluíndo os que acudiron á degustación baixo carpa.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt