El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

ARZÚA

O xantar de Cáritas Arzúa reuniu a 170 comensais

Algúns dos comensais durante o xantar solidario de onte.  - FOTO: ECG
Algúns dos comensais durante o xantar solidario de onte. - FOTO: ECG

ALBA PRADA   | 16.04.2018 
A- A+

"O local estivo completo, nunca agardamos que se anotara tanta xente". Así de satisfeito se amosaba o director de Cáritas Arzúa, Manolo Iglesias, tralo remate do xantar solidario que a asociación celebrou onte no local social da parroquia de Santa María (Arzúa). É xa a cuarta vez que se celebra esta iniciativa, unha das tres coas que Cáritas Arzúa recauda máis fondos para a xente necesitada. "Las otras dos son la lotería de Navidad y la flor solidaria en el Corpus", comentou o Padre Edal. Ata este ano o xantar solidario organizouse nun restaurante do municipio, pero nesta ocasión "para abaratar custes decidimos preparalo no local social", explicou Manolo, "xa que hai cociña, salón, mesas e vaixela".

Segundo dixo o director de Cáritas Arzúa, a comida foi elaborada grazas a axuda de "Moncho e a súa muller, Maruja, que tiveran en Arzúa o restaurante O mesón do peregrino". Pero o éxito do xantar débese tamén a outros moitos voluntarios que non dubidaron en colocar as mesas ou servir os pratos. A secretaria de Cáritas Arzúa, Lola López, quixo mencionar a colaboración de "autocares Frade, a panadería Vázquez e a Terese, de Efa". A solidariedade de todos eles foi a que logrou converter o xantar deste ano no máis numeroso. Un total de 170 comensais, fronte aos 130 do ano anterior.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt