Xoias como os cascos da Pobra ou Corrubedo pódense botar a perder
O rianxeiro Carlos H. Fernández, presidente da Asociación para a Defensa do Patrimomio Cultural Galego, pon a Noia como exemplo
Hai once meses, un grupo de once galegos das catro provincias fundaron a Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego, a única que cubre todas as disciplinas do patrimonio e todo o territorio, co obxectivo de defender, concienciar, difundir, investigar e valorizar o patrimonio cultural. Está presidida polo rianxeiro Carlos Henrique Fernández Coto e nela hai xa 25 arquitectos, arqueólogos, antropólogos, xeógrafos, historiadores...
Como valora a catalogación, protección e promoción no Barbanza?
A catalogación do patrimonio é competencia da Xunta. Hai moito traballo que facer, como no resto de Galicia, e para acadalo hai que implicar ós concellos e á Xunta. O patrimonio arquitectónico no Barbanza, agás casos que todos coñecemos, atópase en bastante bo estado, tamén excluíndo a materia pendente dos cascos antigos, nos que apenas hai protección. Hai máis que facer no patrimonio natural, conquistado dende hai tempo polo eucalipto. No eido arqueolóxico é unha bisbarra punteira, con gran patrimonio e un foro anual de prestixio.
Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt