Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Lunes 20.04.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Comarcas| comarcas@elcorreogallego.es  |  RSS - Comarcas RSS

O alcalde de Ames subliña a colaboración coa Xunta

24.01.2011 

5.0/5 [3 Voto/s]

18
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

Ames. Despois da reunión mantida entre o alcalde de Ames, Carlos Fernández, e o secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Oitavén, o rexedor municipal destacou onte o elevado grao de colaboración mantido entre a Xunta e o Concello de Ames que permitiu desbloquear dous temas de suma importancia para a comunidade educativa amiense como son a adxudicación provisional da construción do novo IES do Milladoiro e a oferta dunha parcela nesta mesma localidade para construír un novo colexio de educación infantil e primaria.

A Consellería de Educación adxudicou de xeito provisional á empresa Dragados a construción do IES do Milladoiro por un importe que supera os 5,3 millóns de euros. Segundo explicou o rexedor "vaise a construír un instituto que estará moi ben dotado xa que contará con 16 unidades de ESO e 3 de Bacharelato. Poderíamos cualificalo dun institutazo. Ademais terá unha arquitectura moi cualificada e adaptada ás necesidades do alumando e do profesorado". Fernández destacou a "gran colaboración" entre Concello e Xunta, neste caso con Educación, para seguir executando grandes proxectos.

O alcalde, sen embargo, mostrouse contrariado pola postura do voceiro do PP de Ames, Santiago Amor, cada vez que se consegue un acordo coa Xunta. "Unha vez máis o señor Amor o que fai é coller unha rabieta. Animoo a que se interese máis polos intereses dos veciños e pense menos nas próximas eleccións municipais do mes de maio", manifestou.

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS