Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Martes 21.05.2013  | Actualizado 20.08 Hemeroteca web  |  RSS   RSS

Comarcas | comarcas@elcorreogallego.es  |   RSS - Comarcas RSS

Ames e a Garda Civil poñen en marcha unha campaña para a prevención de delitos

Esta iniciativa ponse en marcha só unha semana despois da celebración da Xunta Local de Seguridade, na que tamén se acordou a creación da comisión de coordinación técnica para iniciar os traballos de elaboración do Plan Local de Seguridade

REDACCIÓN SANTIAGO   | 17.07.2012 
A- A+

O Concello de Ames, en colaboración coa Garda Civil, iniciará mañá unha campaña de información e prevención de delitos en vivendas, garaxes e vehículos. Esta iniciativa consiste no reparto masivo dun díptico no que se inclúen consellos e recomendacións para os veciños e veciñas de Ames. Informa o concello.

A seguridade dos veciños e veciñas é unha prioridade para o Goberno amiense, que quere subliñar a excelente coordinación que se está levando a cabo entre os corpos de seguridade do Estado e a Policía Local. O Concello fai fincapé, ademais, na importancia da colaboración cidadá, que xa está dando os seus froitos. Nesta liña, lembra que nos últimos días o aviso dun veciño permitiu deter a dúas persoas cando tentaban roubar no interior dunha vivenda en Bertamiráns. 

Esta campaña informativa que se inicia mañá vai unida a unha intensificación da vixilancia e o control e a un incremento dos servizos encargados de velar pola poboación. O Concello e as forzas e corpos de seguridade solicitan aos veciños a súa cooperación, xa que o labor dos axentes é máis efectiva unida á colaboración cidadá. A colaboración veciñal xoga un papel decisivo como reforzo ao traballo conxunto que desenvolven a Policía Local de Ames e a Garda Civil do Milladoiro na prevención de delitos.

Ademais, a través desta campaña, tanto o Concello de Ames como a Garda Civil queren facer fincapé na importancia da colaboración e do traballo conxunto para a prevención de feitos delictivos e o esclarecemento dos mesmos. Ante a presenza de persoas en actitudes estrañas ou sospeitosas, os axentes recomendan tomar nota dos detalles e avisar ás forzas e corpos de seguridade: Policía Local de Ames (619536405), Garda Civil (062) e Emerxencias (112).

A campaña informativa ponse en marcha só unha semana despois da celebración da Xunta Local de Seguridade, convocada co obxectivo de analizar a situación de seguridade cidadá no concello de Ames. Nesta xuntanza, copresidida polo rexedor amiense, Santiago Amor, e polo subdelegado do Goberno en A Coruña, Jorge Atán Castro, acordouse a creación da comisión de coordinación técnica para iniciar os traballos de elaboración do Plan Local de Seguridade e a realización desta campaña informativa.


Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorreogallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS