Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Viernes 09.01.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Comarcas| comarcas@elcorreogallego.es  |  RSS - Comarcas RSS

á beira do sar

Caixa sentimental

02.12.2009 

3.0/5 [1 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

XOSÉ MANUELG. TRIGO

C omo o paseo fluvial de Bertamiráns ten un deseño moi cardiosaudable sempre hai xente por alí movendo perna ou pedal. E sempre se atopa un vello co que falar do colesterol, ou da próstata, ou doutros temas da actualidade. "Disque van cerrar as caixas", soltoume un veciño con ese ton vago e tanteador da paisanía. Porque a cuestión das caixas parece que só é obxecto de pedantes analistas pero tamén o é de pedáneos cidadáns que non eluden a dimensión sentimental do asunto. Cando un paisano sospeita que poidan cerrar as caixas, algo seu teme que cerren, cousa que máis ou menos cadra co que dicía Alberto Núñez Feijóo ao remate da reuníón do outro día cos representantes sindicais: "A ninguén lle gusta que as caixas deixen de existir". O presidente ten sona de frío ideócrata d'El crepúsculo de las ideologías, pero vese que tamén sabe algo das razóns do corazón. Todos os presidentes que levamos tido me parecen máis unidimensionais ca don Alberto. Aqueles non parecían ter máis ca unha cousa na cabeza, aínda que esa cousa fose o Estado enteiro, como dicía botafumeiramente Felipe González de Fraga.

Pois claro que as caixas e a súa benéfica dispersión oficinesca formaban un tecido socio-sentimental. Neste sentido un pouco parecido ao das nosas desaparecidas tabernas, como seguramente corroboraría don Álvaro Cunqueiro. O mostrador tabernario tiña a súa liturxia existencial, pero a ventaíña caixaria (outra cousa é o caixeiro) tamén implicaba rito precibernético de achegamento conversacional e depositario. Aquilo si que daba sensación de galeguidade e solvencia (agora iso dá un pouco de risa); aquilo si que eran depósitos á vista. E non só á vista senón ao oído, ao tacto, e mesmo ao olfato, porque até parece que agora os cartos non cheiran a tan honrados coma antes. Desde logo obra social da caixa haber habíaa, pero do que non se fala tanto é da obra sentimental, que che era un capital, uns activos do subconsciente comunitario que se perderán cando as caixas copulen, ou sexa, entren en fusión. Que palabra esta, fusión, que soa a alquimias financieiras e a balances esotéricos

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS