Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Terras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Martes 21.05.2013  | Actualizado 12.31 Hemeroteca web  |  RSS   RSS

Comarcas | comarcas@elcorreogallego.es  |   RSS - Comarcas RSS

Entrevista con Manuel Lens en Radio Obradoiro

"O cobro retroactivo é ilegal, e levaremos o asunto ata as súas últimas consecuencias"

A Plataforma do Lixo, de Ames, afirma que "non hai ningunha vontade por parte do concello para solucionar este problema" // Recoñecen que non lle presentaron ó executivo de Santiago Amor ningún informe, "porque iso lle corresponde ós representantes municipais", pero sí "alternativas feitas por alguén de renome"

Radio Obradoiro

Radio Obradoiro

Entrevista

Manuel Lens, Plataforma do Lixo


SANTIAGO. RO  | 29.06.2012 
A- A+

O PP de Ames volveu rexeitar no pleno de onte, ó que acudiron unhas 50 persoas da Plataforma do Lixo, dar marcha atrás á súa decisión de cobrarlles ós veciños a taxa da recollida con carácter retroactivo dende o ano 2009. Un dos portavoces do colectivo veciñal, Manuel Lens, recoñecía este venres en Radio Obradoiro que están "decepcionados, pero non sorprendidos" coa postura do equipo de Santiago Amor.

Segundo Lens, o executivo local "insiste en que ten que cobrar a taxa con carácter retroactivo por imperativo legal, porque non lle queda outro remedio. Din que é unha situación herdada, e que non atopan un motivo legal para botar atrás eso". O portavoz da plataforma afirma que "lles ofrecemos alternativas, feitas por alguén de renome que conclúe que o cobro retroactivo é ilegal, pero danos a sensación de que non teñen ningunha vontade de solucionar o problema".

Neste sentido, Lens dixo que lle trasladaron esas alternativas ó goberno na reunión que mantiveron as dúas partes o pasado luns, se ben admitiu que non lle levaron ningún informe "porque eso é cousa do concello". Ó seu xuízo, "o proceso vai para longo, e non imos dar o brazo a torcer. Levaremos o asunto ata as súas últimas consecuencias, e non descartamos chegar ó contencioso-administrativo".

Na reunión do luns, segundo confirmou Lens, "quedaron de darlle unha segunda volta ó tema, así que o normal sería que se puxeran en contacto con nos". Asegura que a plataforma ten "un calendario a medio facer, e agora quédanos por definir as accións que imos levar a cabo".

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado. Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorreogallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS