Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Viernes 09.01.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Comarcas| comarcas@elcorreogallego.es  |  RSS - Comarcas RSS

á beira do sar

De Génova a Florencia

03.01.2009 

3.7/5 [3 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

XOSÉ MANUEL G. TRIGO EX PROFESOR DE INSTITUTO

Se a Xunta son dous gobernos, como sempre din Feijóo e mais Rueda, é normal que a resolución do concurso eólico liberase dous ventos. Vai coa nosa remota condición pagana, que pide máis dun vento, máis dun deus. Dun Eolo facemos dous, e, se fai falta, escachámolo nun minifundismo teolóxico. Pero en Génova non queren entender este detalle identitario e seguen instando a que ao bipartito se lle chame bigoberno. Desde Florencia, a efectos electorais, recomendarían insinuar todo o contrario: que dúas forzas inicialmente gobernantes se están desdebuxando en monocracia. Os cerebros genoveses non se percataron de que estamos ontoloxicamente moi afeitos a aceptar o encamamento de contrarios mentres se manteñan contrarios e de opostos que se opoñen. Fáisenos moi asimilable a cohabitación dos distintos e somos tan tolerantes con bigobernos autonómicos coma con concubinatos talámicos, ao mellor porque todo isto é máis divertido. Moito antes que o florentino Maquiavelo soubemos que o que el chama lobos e raposos sempre son preferibles na súa diferenciada condición ca en nefanda hibridación. Aquí a xente máis ben empeza a desconfiar non cando descubre un bigoberno senón cando se dá de conta de que "son todos uns", como di a retranca popular.

O fraseo genovés de desgaste que acusa ao Goberno autonómico de bigoberno vólvese contra os seus propios intereses de campaña. O que si orixinaría un efecto desestimador do bipartito sería persuadir á cidadanía de que o que se está a producir é unha neutralización de forzas contrarias que acaban perpetrando un monogoberno de comenencia plusista. O que o electorado intelixente lamentaría é que aquela duplicidade motriz e matriz propiciada por unha lexítima e oportuna coalición terminase nesta triste sentencia popular: "son todos uns". Ou, en terminoloxía florentina, que lobos e raposos dexenerasen en lobigolpes (que é peor ca andar a golpes). O problema do Partido Popular/PPdeG ten unha orixe residencial: debían mudarse de Génova a Florencia. (Menos Rajoy, que abondaría con que se viñese xubilar a Pontevedra).

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS