Galicia Hoxe Radio Obradoiro CorreoTV Tierras de Santiago Anova multiconsulting
Google

Viernes 09.01.2009      Hemeroteca web  |  RSS  RSS

[Noticia 1 de 1] Comarcas| comarcas@elcorreogallego.es  |  RSS - Comarcas RSS

á beira do sar

Habemus Pacum

10.03.2010 

3.0/5 [1 Voto/s]

0
Comparte en Tuenti
Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás

XOSÉ MANUEL G. TRIGO

Habemus Papam, e tamén habemus Pacum. (Paco Vázquez, claro). Porque o mérito de ter conseguido para este Xacobeo a visita do Papa está moi repartido pero non se lle pode negar a Paco o que é de Paco. O noso embaixador é un galego no sentido máis meliorativo do termo ("tercamente perseverante", como di el), e nos seus encontros con Benedicto XVI sempre lle soltaba o seu retrouso: "Le son dos horitas, Santidad. Ir de Roma a Santiago le son dos horitas de nada. Como ir de aquí a Rímini. Una carrerita de un perrito, como quien dice". Ou sexa, diplomacia con acento galego, á que non se resiste nin Deus nin César nin Pontífice. E, coa mesma, non só sabemos que o Papa vai vir, senón que a Paco Vázquez véselle vir. Parécenos que, con sutileza vaticana, insinúa que non lle importaría volver para facer política por estes profanos lares. "Por ahora estoy bien aquí", dixo estoutro día nunha entrevista. Pero ese "por ahora" é moi lacaniano, moi espello de tentacións nunca vencidas de todo.

Paco Vázquez, por ter convertido en enerxía cidadá o descontento derivado do que alguén chamou "trauma capitalino", ten o agradecemento dos coruñeses pero tamén padece o antipaquismo paisano. Porque aquí sempre estamos contra un Paco (ás veces con moita razón e ás veces con non tanta). Aínda así, estes seus últimos tempos vaticanos imprimiron na figura do ex alcalde de Coruña suxestións ecuménicas, cosmopolitas que superan o icono monocipoide. A súa imaxe gañou efecto intelectual e ilustrado.(Que silencios tan propicios para a lectura ten que haber naquela Embaixada). E a proba de que se está producindo unha nova visión de Paco Vázquez son as ganas que teñen algúns de invisibilizalo. Cousa que non vai ser fácil porque nunha paisaxe política reducida ultimamente a dimensión lilipúticas o novo (e vello) Paco Vázquez sempre terá atractivo referencial. E mentras tanto seguirá practicando diplomacia galaico more. Mesmo pode conseguir que o Papa diga misa na torre de Hércules: "Le es media horita, Santidad. Desde la Catedral a la torre de Hércules le es media horita, poco más".

 

Reducir texto Aumentar texto Recomendar Imprimir Atrás
Comparte en Tuenti Comparte en Live Spaces Comparte en Menéame Comparte en Del.icio.us Comparte en Yahoo

Escribe tu comentario

Para escribir tus comentarios en las noticias, necesitas ser usuario registrado.
Si no lo eres regístrate ahora

1000 Caracteres disponibles

www.elcorregallego.es no se hace responsable de las opiniones de los lectores
y eliminará los comentarios considerados ofensivos o que vulneren la legalidad.

Grupo Correo Gallego
Ante cualquier duda, problema o comentario
en las páginas de El Correo Gallego envíe un
e-mail a info@elcorreogallego.es. Titularidad
y política de privacidad
Auditoría Audiencia Sites
Titulares RSS