Máis de 140 alumnos participan na nova quenda do circuito cultural e deportivo que o Concello de Ordes ten organizado de cara os vindeiros meses e que arrancaron onte co inicio de varios cursos. Un total de 87 alumnos comenzaron así as súas clases de ioga, pilates e informática, que se levarán a cabo no local cultural situado tanto na rúa Reconciliación vomo na Casa da Cultura, na rúa Galicia. Neste último caso tanto no nivel de iniciación como no nivel medio e avanzado, facendo especial fincapé na Internet e nos seus posibles usos.
Mañá venres continuarán as xornadas de inauguración, neste caso será o turno para dous dos cursos máis esperados e demandados. A través do novo ciclo de cociña veciños e veciñas de diferentes idades aprenderán non só receitas típicas da gastronomía galega e de outros países, senón que tamén terán a ocasión de ampliar os seus coñecementos en repostería. En total serán máis de 15 persoas as que farán uso da aula instalada na Casa da Cultura. Por outra banda mañá tamén arrancarán as clases de bailes de salón en de baile en liña, no primeiro caso con 15 parellas inscritas no segundo con 27 alumnos. Todos poderán aprender estilos como o vals, pasobloble, tango ou rumba, entre outros.
Máis cursos de informática
Ante a demanda e interés que sempre suscitan as clases e ciclos de informática o Concello de Ordes anima a todos os interesado a pasar polo Departamento de Cultura e Deporte a deixar os seus datos. Unha vez que se conte co número preciso de alumnos para a creación dun novo grupo comenzarase un novo curso.