Viernes 09.01.2009
Hemeroteca web
|
RSS
O pasado martes, 2 de decembro, coa presencia do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, poñiamos o colofón e clausurabamos o primeiro Curso de Otoño Gerardo Fernández Albor, organizado pola Asociación Cultural In Terra Amaea, de Ames.
Este curso que se desenvolveu durante ó longo de todo o mes de novembro no hotel Balneario de Compostela, en Brión, permitiu asistir a interesantes charlas nos ámbitos do emprego, a economía, a pesca, a distribución territorial, o dereito internacional, a administración de xustiza..., e tantos outros temas interesantes e de actualidade que nos levaron a animados e fructíferos debates nun foro pouco habitual fora das grandes cidades galegas.
Pero este curso só foi posible gracias á predisposición total dos diferentes ponentes que se achegaron ás nosas terras para transmitir o seu saber e os seus coñecementos a todos os asistentes.
As conselleiras de Traballo e Benestar, Beatriz Mato; e do Mar, Rosana Quintana; se sumaron a catedráticos, directores xerais, profesores universitarios..., foron xente de ben que puxeron da súa parte todas as facilidades, tendo en conta as súas axustadas axendas e, porque non dicilo, o seu o elevado caché para acudir a este curso dun xeito totalmente desinteresado. Deles é o mérito de que aqueles que asistiron con interés a todas as conferencias remataran con satisfacción un curso que levou con orgullo o nome do ex presidente da Xunta. Quero aproveitar esta tribuna para tratar -si é que é posible- de agradecer a todos os ponentes a súa presencia no curso. ¡Non fixo falla insistirlles moito! Tan só unha chamada, unha visita, un correo electrónico e de xeito inmediato chegaba a confirmación da participación.
Hai un refrán que di que "é de ben nacidos ser agradecidos", polo que quero deixar constancia pública do agradecemento de todos os que formamos a Asociación Cultural In Terra Amaea para con todos os participantes.
Sen vostedes, sen vós, non sería posible levar a cabo este curso. Moitas gracias
